13 jun 2014

[Barcelona] Reconstruir Can Vies, celebrar a autoxestión!

[Tradución da páxina de Can Vies]

“Siempre hemos vivido en la miseria, y nos acomodaremos a ella por algún tiempo. Pero no olvide que los obreros son los únicos productores de riqueza. Somos nosotros, los obreros, los que hacemos marchar las máquinas en las industrias, los que extraemos el carbón y los minerales de las minas, los que construimos ciudades… ¿Por qué no vamos, pues, a construir y aún en mejores condiciones para reemplazar lo destruido? Las ruinas no nos dan miedo. Sabemos que no vamos a heredar nada más que ruinas, porque la burguesía tratará de arruinar el mundo en la última fase de su historia. Pero –le repito– a nosotros no nos dan miedo las ruinas, porque llevamos un mundo nuevo en nuestros corazones. Ese mundo está creciendo en este instante”.
Declaracións de Buenaventura Durruti ao Toronto Star, 18 de xullo de 1936.

As tarefas de desentullo e reconstrución de Can Vies continúan a bo ritmo. O mércores pasado, unhas 300 persoas achegáronse á asemblea a informarse e mostrarnos o seu apoio. E o martes, xoves e sábado traballamos colectivamente ata limpar o espazo onde antes estaba a capela, para situar a nova praza da rúa Xogos Florais. A # PrimaveraSants continúa!

Nos próximos días recibiremos as conclusións do informe técnico que están a elaborar o equipo de arquitectos e aparelladores que están a asesorar e avalían o estado do edificio de Can Vies. Proximamente, facilitaremos o acceso a bombeiros e operarios municipais e velaremos polo correcto desenvolvemento das tarefas de desentullo do espazo interior, como xa fixemos para que puidesen retirar a escavadora e asegurar o edificio con puntais e táboas de encofrar.

Dende Can Vies queremos dirixir os nosos esforzos á reconstrución do espazo, para poder volver desenvolver a actividade regular do centro social e acoller aos colectivos que se reunían o máis pronto posible. E queremos facer de # ReconstruïmCanVies un proceso enriquecedor e colectivo en que pensamos e creamos xuntas o proxecto e o espazo de Can Vies. Invitámosvos a todas e todos a pasarvos pola asemblea dos mércores ás 20 h e a informarse das reunións organizativas dos diferentes grupos e comisións de traballo que terán lugar o xoves ao atardecer.

Igualmente, durante esta semana poñeremos en funcionamento unha campaña de mecenado colectivo para conseguir financiamento para facer fronte á reconstrución e aos gastos derivados da represión. Reconstruír Can Vies non é só volver poñer en marcha o centro social, senón tamén sacar a Sergi e Ivan da prisión, e apoiar a todas as persoas que teñen que afrontar as consecuencias represivas da semana de mobilizacións na rúa.

Finalmente, queremos celebrar xuntas o contaxio do # EfecteCanVies, a extensión do virus da autoxestión e da loita para defender os barrios e as vilas. Felicitamos os compañeiros de Can Batlló polo seu terceiro aniversario. Xa van tres anos dende que o sono testán de facer deste emblemático recinto un viveiro de experiencias comunitarias baixo control veciñal se fixo realidade. Longa vida a Can Batlló!

Queremos felicitar tamén as compañeiras do Ateneo Popular el Rec del Fort Pienc e o Ateneo La Porka de Sant Antoni. Os veciños e as veciñas dispoñemos de dous novos espazos expropiados á banca e liberados polos barrios. Dúas novas okupaciones en barrios populares e combativos que, como Sants, loitan por estender a rede de locais dende onde construír unha alternativa colectiva solidaria na cidade capitalista antisocial e depredadora!

Larga vida aos barrios que loitan! Reconstruímos Can Vies, estendemos a autoxestión!

No hay comentarios:

Publicar un comentario